Fecha y Hora: 
Sab, 22/04/2017 - 11:00 - 20:00
Lugar de la actividad: 
Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra- A Coruña)

Dende a Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia convidámosvos ao II Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, que se celebrará o sábado 22 de abril na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra- A Coruña). Ten por finalidade darlle visibilidade e coñecer directamente ás persoas que forman parte do sector; creando ou revitalizando espazos de intercooperación.

Ao longo do día poderás saber máis de REAS Galicia (que facemos e quen somos), coñecer, compartir e cooperar con outras entidades de economía social, participar nas mesas de traballo sobre Auditoría Social ou na de "Outra economía, outra organización dos coidados" e poderás pasear polo mercadiño cos produtos das entidades de economía alternativa e solidaria. Para aproveitar ao máximo o tempo de encontro e reflexión, habilitaremos un espazo na Casa da Cultura para un xantar compartido.