Fecha y Hora: 
Sab, 23/01/2016 - 11:00 - 18:30

Lugar de la actividad: 
Praza de Abastos de Ordes. Rúa do Mercado, s/n. Ordes

Desde a Rede de Economía Alternativa e Solidaria REAS Galicia invitámosvos o sábado 23 de xaneiro en Ordes ao I Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, que baixo o lema: Intercooperar!! ten por finalidade darlle visibilidade e coñecer directamente ás persoas que forman parte do sector; creando ou revitalizando espazos de intercooperación. O encontro terá lugar o próximo 23 de xaneiro na Praza de Abastos de Ordes.

Entre tod@s conseguiremos que haxa tempos para:

  • Pasear entre os "Pequenos Stands Informativos" (podedes montalos se o vedes convinte para o voso proxecto).
  • Darse a coñecer no "ReAScuncho" micropresentacións de experiencias (no que ofertar, demandar, dar e recibir).
  • Facer contactos nas Mesas de traballo (traede cartóns de visita).

O evento vai dirixido preferentemente a todas as entidades da economía social, alternativa e solidaria de Galicia que queiran darse a coñecer ou achegarse a ver o que se está facendo ou o que se pretende facer por estes lares a medio prazo. Achegamos o programa previsto.

Apoian o evento REAS Red de Redes (estatal) e doutros territorios (REAS Euskadi, Navarra, Andalucía, Baleares...) ademais das cooperativas Xeira Consultora, Bico de Grao, Cestola na Cachola, Ítaca Software Libre, Os Anxos, Coop57 GZ; e tamén a Federación de Cooperativas SINERXIA, Albergue de Tronceda ou Mermeladas A Sazón, como entidades que conformamos actualmente REAS Galicia... e ti?

O evento é GRATUÍTO e polo aforo limitado darase prioridade as entidades inscritas, o prazo para facelo remata o 15 de xaneiro.

Para a inscrición e máis información: secretariareasgz@gmail.com

Así que xa sabedes, ide reservando a data!!

Se non sabes como chegar á Praza de Abastos de Ordes pincha aquí: https://goo.gl/maps/PrazaAbastosOrdes

E por último, soamente pedirvos que vos animedes a difundir esta información e a compartila con outras persoas, xa que REAS pretende chegar a tódalas iniciativas galegas que contribúen a promover outro tipo de economía.

Unha aperta,

Susana Castro
Secretaria REAS GZ
Tfno.: 981 68 01 74
secretariareasgz@gmail.com
http://www.economiasolidaria.org/reasgalicia