4º Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia

Cartaz do 4.º Encontro

 

O día 6 de abril (das 11 ás 18 horas) celebraremos o 4.º Encontro de Economía Social e Solidaria de Galicia. Será no Centro Equal (Coles, Ourense). [Localización en Google Maps]

Este vai ser o programa do día:

11.00 - 11.15      REAS, e isto para que serve?

11.15 - 13.00      REAScunchiño. Micropresentacións das entidades presentes no Encontro.

13.00 - 14.30      Dinamizar un mercado social (mesa + obradoiro)

14.30 - 16.30      Xantar e paseo para tecer rede.

16.30 - 18.00      Actividade lúdica sobre consumo responsable.

Para participar, inscríbete neste formulario. Nel poderás indicar se queres reservar o menú vegano que nos van preparar no Centro Equal ou se vas vir con crianzas (estamos a organizar actividades para elas). O menú vai ter un prezo de 10 euros (8 euros polo propio menú e 2 euros de achega para axudar cos custos do evento).

Vémonos o día 6!