Sin categorizar archivos - economiasolidaria.org

Auditoría Social 2019 – #EstamosNaBrecha
Son moitas as empresas que coa súa actividade contribúen a promover a igualdade de xénero, o coidado do medio e o compromiso social.

En REAS e a Economía Solidaria #EstamosNaBrecha (#EstamosEnLaBrecha) traballando por estes valores e, por iso, realizamos a Auditoría Social, unha ferramenta para avaliar as nosas prácticas que nos permite mellorar ano a ano.

Este ano, máis de 500 empresas participaron na campaña, nun importante exercicio de transparencia, que visibiliza, ademais, a relevancia e o impacto social das empresas de Economía Social e Solidaria.

Consulta o informe e coñece a fondo esa outra economía que non mira polo lucro coma a economía capitalista, senón que pon no centro da súa actividade a sustentabilidade da vida.

2017, Un gran ano para Fiare Banca Etica
2017 foi un ano intenso para Fiare Banca Etica: medramos en números e volvémonos máis sólidos. As institucións europeas comezaron a escoitarnos e recoñecernos. Para nos preparar para o novo ano con entusiasmo e determinación, queremos compartir convosco os fitos e momentos máis significativos dos últimos doce meses.

Os números de Fiare Banca Etica

Fiare Banca Etica atinxiu os 3.000 millóns de activos administrados conforme os criterios das finanzas éticas.
En 2017 superou os 63 millóns de capital social e está financiando máis de 9.000 empresas sociais por un total de máis de 1.000 millóns de euros.

O apoio das institucións europeas ás finanzas éticas

Este 2017 foi un ano importante no avance no apoio das institucións europeas ás finanzas éticas.
Durante o verano organizamos a reunión anual da Rede Europea de Microfinanzas, porque cremos no potencial das microfinanzas para o desenvolvemento de todas as rexións do planeta e porque pensamos que traballar con entidades socias internacionais é o mellor xeito de lograr resultados. Uns meses antes, co gallo do 60º aniversario dos Tratados de Roma que iniciaron o proceso de integración europea, compartimos as nosas propostas para relanzar a Unión Europea en nome da solidariedade, o crecemento sostible e as finanzas éticas. Por último, o 8 de novembro fomos os protagonistas dunha xuntanza no Parlamento Europeo, na que o interese pola nosa proposta de finanzas éticas foi moi evidente.

Activismo accionarial e paraísos fiscais

Este ano tamén se deron pasos no activismo accionarial, apoiando campañas como as de Oxfam Intermón contra os paraísos fiscais.
O pasado día 6 de decembro en Milán, a Fundación Fiare participou na creación da nova rede Shareholders for Change («Accionistas para o cambio»). Esta rede, composta por un conxunto de investidores europeos socialmente responsables, ten como finalidade promover o activismo accionarial en temas como o cambio climático, os dereitos laborais e a xustiza tributaria.
Ademais, Fiare Banca Etica apoiou as campañas Zonas Libres de Paraísos Fiscais e Noalescaqueo de Oxfam Intermón que propoñen unha fiscalidade xusta e progresiva que contribúa a redistribuír os recursos e a conformar sociedades máis equitativas e cohesionadas.

Estudos e investigacións

Levamos a cabo estudos e investigacións para mellorar a nosa oferta de financiamento ético. Analizamos os números para estar cada vez máis ao servizo das realidades do Terceiro Sector e da Economía Social e Solidaria. E creamos, coa Fondazione Finanza Etica, o primeiro estudo detallado sobre as finanzas éticas en Europa.

Comunicamos máis e mellor

Cada día hai un maior interese polas finanzas éticas nos medios de comunicación, tanto económicos como xeneralistas.
Na páxina de Facebook de Fiare Banca Etica chegamos ás 9.600 persoas que nos seguen e o perfil de Twitter ten xa 12.800 seguidores.
A comezos de ano realizamos, xunto a Compacto, un vídeo sobre os nosos proxectos financiados, para dar a coñecer algúns dos ámbitos que apoiamos en todo o territorio. Este vídeo tivo 126.000 visualizacións.

Fiare Banca Etica coa Economía Social e Solidaria

Este mes de decembro asinamos un convenio comercial entre Fiare Banca Etica e a Red de Economía Alternativa y Solidaria (REAS) que dá continuidade a varias liñas de colaboración para dar un marco formal e estable á relación de mutuo apoio e proxectos comúns que se levan desenvolvendo desde a posta en marcha da nosa entidade financeira. Ugo Biggeri reflexionaba nun dos seus artigos sobre o camiño desta economía.

Apostando pola vivenda cooperativa e o Cohousing

Destaca este ano o traballo realizado no financiamento de proxectos ligados á vivenda cooperativa. Iniciámonos neste eido cos créditos a Cal Cases en 2007, Trabensol e Convivir en 2015 e 2016, e este ano apostamos por proxectos de envergadura aproveitando o dinamismo dalgunhas administracións públicas coa economía social, como Zaragoza Vivienda, o concurso de cesión do solo público para cooperativas en réxime de cesión de uso do Concello de Barcelona ou o financiamento dunha experiencia de cohousing en Eivisa (Es Porxos).