04jul

Encontro sobre Enerxias Renovábeis na Economia Social e Solidária en Galiza

Encontro sobre Enerxias Renovábeis na Economia Social e Solidária en Galiza
Encontro sobre Enerxias Renovábeis na Economia Social e Solidária en Galiza

Buscador de eventos

  • Filtra por temática

  • Filtra por etiqueta (Ctrl+clic)

  • Filtra por tipo de contenido

  • Filtra por tipo de recurso

  • Orden de los resultados

Encontro sobre Enerxias Renovábeis na Economia Social e Solidária en Galiza
Encontro sobre Enerxias Renovábeis na Economia Social e Solidária en Galiza

Este Encontro enmárcase dentro da estratexia da Federación de Cooperativas SINERXIA e outras organizacións e redes da economia social e solidária en Galiza e noutros territórios estatais do fomento e afortalamento da intercooperación através de mercados de economia social e solidária.

Trátase de que as persoas que fan parte das organizacións de economia social e solidária practiquen a intercooperación na súa vida cotiá, através da merca de produtos e servizos en organizacións de economia solidária e o depósito dos aforros en entidades de finanzas éticas.

Daquela, procúrase o desenvolvemento de redes que intensifiquen as prácticas concertadas de intercooperación cuxos nos serian as organizacións de economia social e as persoas e colectivos consumidores e aforradores responsábeis, que darian lugar aos intercámbios de bens e servizos con carácter regular en territórios determinados e sobre critérios de democracia, equidade, respeito ao méio e solidariedade, co obxecto de atender as necesidades das súas integrantes, e abranguendo todo o circuito de circulación económica desde a produción ao consumo, sen esquecer o aforro e o crédito. Estas redes coñecemo-las co nome de mercados sociais.

Nos últimos anos estanse a promover unha série de iniciativas que procuran camiñar na criación e consolidación de mercados de economia social e solidária. Como exemplos podemos pór a Red de Economía Solidaria de Aragón, a cooperativa catalá de servizos para a economia social Arç Cooperativa coas que xa estamos a ter Encontros, sen esquecer o ámbito das finanzas éticas através da cooperativa de servizos financeiros éticos e solidários Coop57 e Fiare. Todas elas pretenden desenvolver estes procesos desde o tecido cidadán e asociativo da economia solidária que fan parte das mesmas, entre outros territórios en Galiza.

O actual momento da crise económica, social e ecolóxica do sistema capitalista é unha boa oportunidade para que as organizacións de economia social e solidária aprofunden e potencien os procesos de consolidación de mercados sociais.

Más información y programa en fichero adjunto…