22abr

II Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (A Coruña)

II Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia  (A Coruña)

Buscador de eventos

  • Filtra por temática

  • Filtra por etiqueta (Ctrl+clic)

  • Filtra por tipo de contenido

  • Filtra por tipo de recurso

  • Orden de los resultados

II Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia  (A Coruña)

Dende a Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia convidámosvos ao II Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, que se celebrará o sábado 22 de abril na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra- A Coruña). Ten por finalidade darlle visibilidade e coñecer directamente ás persoas que forman parte do sector; creando ou revitalizando espazos de intercooperación.

Ao longo do día poderás saber máis de REAS Galicia (que facemos e quen somos), coñecer, compartir e cooperar con outras entidades de economía social, participar nas mesas de traballo sobre Auditoría Social ou na de «Outra economía, outra organización dos coidados» e poderás pasear polo mercadiño cos produtos das entidades de economía alternativa e solidaria. Para aproveitar ao máximo o tempo de encontro e reflexión, habilitaremos un espazo na Casa da Cultura para un xantar compartido.

O programa do encontro é:

11.00 Presentación de REAS Galicia

11.30 ReasCunchiño (Zona de exposición pública de proxectos, cun límite de 5 minutos por entidade)

14.00 Xantar

16.00 Mesas de traballo

  • Auditoría Social (Dinamizado por REAS Aragón)
  • Outra economía, outra organización dos coidados (Dinamizado por Mari Fidalgo)

18.00 Peche – Proxección de curta sorpresa

O evento é gratuíto, pero polo aforo limitado darase prioridade ás entidades inscritas, o prazo para facelo remata o 15 de abril.

Inscríbete aquí: https://goo.gl/forms/RVvW4aosmI5zDAiI2, e para máis información en secretariareasgz@gmail.com.

Se non sabes como chegar á Casa da Cultura de Ribadulla, estas son as súas coordenadas (42.773908, -8.425707) ou pincha aquí para velo no Google maps: https://goo.gl/maps/CasaCulturaRibadulla.

E por último, soamente pedirvos que vos animedes a difundir esta información e a compartila con outras persoas, xa que REAS pretende chegar a tódalas iniciativas galegas que contribúen a promover outro tipo de economía.

Unha aperta