27nov

III Curso formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable (Galicia)

III Curso formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable (Galicia)
III Curso formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable (Galicia)

Buscador de eventos

  • Filtra por temática

  • Filtra por etiqueta (Ctrl+clic)

  • Filtra por tipo de contenido

  • Filtra por tipo de recurso

  • Orden de los resultados

III Curso formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable (Galicia)
III Curso formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable (Galicia)

O actual sistema económico, que prima o beneficio económico, sobre os dereitos das persoas, sexan traballadoras ou consumidoras, así como do medio ambiente, está a provocar un crecente esgotamento dos recursos naturais, despoboamento rural, explotación laboral e desemprego,  dificultades para imprementar servizos de benestar social e inestabilidade política. Por iso, é importante que reflexionemos sobre as condicións nas que son producidos os bens que consumimos e sexamos conscientes do que hai tras cada produto e a quen é o depositario final do beneficio.

Neste contexto, a Compra Pública Responsable implica un exercicio de consumo comprometido desde as administracións públicas, nas súas operacións de adquisicións de bens e servizos, tendo en conta criterios éticos, sociais e medioambientais.

Existen diversos motivos que nos levan a considerar a especial relevancia da administración pública en relación ao impacto das súas transaccións económicas. Isto é:

  • Como resultado do grande volume contratado, os concursos públicos teñen un peso económico moi considerable e en consecuencia, un gran potencial de impulso de criterios de sustentabilidade, tanto de cara aos seus proveedores como para a cidadanía en xeral.
  • Deste xeito, as administracións poden incitar aos seus provedores e outros axentes privados a incluír criterios e realizar as súas compras de forma igualmente sostible.
  • Asemade, a compra pública responsable é complementaria ás políticas sociais, ambientais e comerciais dunha administración, e a súa práctica fortalece o seu haber.

Con estas xornadas preténdese achegar á administración pública galega ferramentas e exemplos de boa prácticas de Compra Pública Responsable  na implementación de políticas de contratación acordes con valores de xustiza social e medioambiental.

E asemade, que as universidades, organizacións sociais e empresas que coñezan estes mecanismos dos que xa se está dotando a administración para garantir ditos valores.

Obxectivo: achegar ferramentas técnicas e exemplos de boas prácticas para a implantación de criterios sociais, ambientais e éticos nos trámites de contratación de produtos e servizos das administración galegas (de ámbito galego, deputacións e concellos)

Temáticas que se traballarán: alimentación, téxtil, material electrónico, economía solidaria, igualdade, finanzas éticas e compra sostible.

Dirixido a:

  • persoal técnico e político da administración pública galega (ámbito galego, deputacións e concellos)
  • Profesorado e alumnado interesado en traballar esta temática
  • Organizacións sociais interesadas en potenciar esta área de traballo e/ou realizar incidencia nesta temática
  • Empresas que queira coñecer ás novas esixencias de cara ás licitacións públicas

Duración: mércores 27 en horario de 9:30 a 19:00 e xoves 28 de 9:00 a 14:00 horas

Inscrición en: AMARANTE Setem

Tfno. 986 848 159

central@amarantesetem.org

Período de inscrición: 13 de novembro ó 26 de novembro

Estas xornadas están organizadas por AMARANTE en colaboración coa Subdirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia