05abr

Na procura dun Mercado Social Galego / En busca de un Mercado Social Galego

Buscador de eventos

  • Filtra por temática

  • Filtra por etiqueta (Ctrl+clic)

  • Filtra por tipo de contenido

  • Filtra por tipo de recurso

  • Orden de los resultados

Seguindo na procura dun Mercado Social Galego e despois do traballo realizado nos distintos nodos territoriais (Redondela – Pontevedra-, Coruña, Santiago, Tronceda -Ourense-, Lugo), facemos unha nova convocatoria para un encontro a nivel Galego o Sábado 5 de Abril en Santiago de Compostela (A Coruña). 

POLA MAÑÁ: será na Casa das Asociacións de Cornes (no barrio de Conxo): Casa das Asociacións. Antiga estación de Cornes. Rúa Manuel Beiras, 3, 15706, Santiago de Compostela.https://www.google.es/maps/place/Cornes/@42.8698524,-8.5522212,17z/data=!3m1!4b1!4m2!3m1!1s0xd2efe15d77a4dc7:0x874f5a9cfd4a6596?hl=gl


10:00 Introdución do proceso

10:15 Presentación de cada entidade ou persoa presnte

10:45 Bloques de traballo

11:00 Presentación de principios

11:20 Grupos de traballo dos principios

12:20 Descanso

12:40 Presentación das conclusións dos grupos

14:00 Xantar

POLA TARDE: no Centro Sociocultural de Santa Marta: http://www.santiagosociocultural.org/centros/centro.php?lang=gal&id=52
Pódese ir andando de un a outro, e como imos ter case tres horas para comer é a solución menos mala que atopei. En todo caso, o da tarde é mais reducido que o da mañá, así que, a ver se cabemos.

16:30 Plenario sobre principios; HAI QUE CAMBIAR ESTA HORA PORQUE O CENTRO ABRE ÁS 17:00 HORAS

18:00 Presentación ferramenta de comunicación

18:45 Implementación

19:30 Propostas de continuidade

20:30 Peche da xornada