Varios

Armeria unha experiencia anovadora

A cultura como empresa cooperativa Nestes tempos de crise e financiacións empantanadas, agroman as experiencias que pasan por alto o vil metal para obter resultados. Unha delas tomou o nome de Armeria, a herba de namorar de San Andrés, para poñer en marcha unha pioneira cooperativa de servizos culturais. Os empresarios, neste caso, son tamén […]

31 agosto 2009
Etiquetas:

Buscador de noticias

  • Filtra por temática

  • Filtra por etiqueta (Ctrl+clic)

  • Filtra por tipo de contenido

  • Filtra por tipo de recurso

  • Orden de los resultados

NULL
NULL

A cultura como empresa cooperativa

Nestes tempos de crise e financiacións empantanadas, agroman as experiencias que pasan por alto o vil metal para obter resultados. Unha delas tomou o nome de Armeria, a herba de namorar de San Andrés, para poñer en marcha unha pioneira cooperativa de servizos culturais. Os empresarios, neste caso, son tamén os consumidores.

Armeria aínda está en proceso de constitución, pero xa espertou interese alén das nosas fronteiras. Os seus promotores están invitados a participar no Congreso Internacional de Cooperativismo e Economía Solidaria que vai celebrarse en Montevideo, Arxentina, do 9 ó 11 de setembro. Alí explicarán a súa iniciativa, igual que farán os responsables doutras empresas consolidadas e cun largo percorrido noutros países de Latinoamérica e España.

“Na nosa experiencia, o prioritario son as persoas”, resume Manuel Rivera, promotor da cooperativa. Esa querencia humana fíxolles elixir o nome de Armeria, unha herba ligada ós sentimentos, e definirse como un espazo de encontro para a construción dun proxecto colectivo. Os protagonistas da aventura están sorprendidos e satisfeitos de que, cando están aínda a poñer as bases, a súa iniciativa xa chamara a atención fóra de Galicia.

Armeria conta con máis de medio cento de socios promotores, parte deles con cuota en metálico e outros cunha aportación en traballo que depositan, ó igual cos anteriores, no seu banco social. Nestes tempos de crise económica, polo tanto, os cartos non son a única condición para acceder a unhas clases de danza, pintura ou idiomas. A cooperativa xestionará este tipo de servizos e porá tamén en marcha unha tenda de comercio xusto. Para elo, a entidade ten entre as súas prioridades contar cun local con espazo suficiente.

A terceira pata de Armeria é o turismo alternativo. A cooperativa ferrolá está xa en contacto cos membros da comunidade indíxena dos kollas, na parte arxentina dos Andes, para potenciar unha pequena rede de casas de turismo rural. A idea é contar coa colaboración de Euroeume e tratar de mellorar a deprimida economía daquela zona, que se convertiría tamén en destino de vacacións dos socios da cooperativa ferrolá.

A empresa Armeria é membro da entidade Coop57 Galicia, unha cooperativa de servizos financeiros, éticos e solidarios que se constituiu o pasado mes de maio e na que está tamén outra experiencia ferrolá, a cooperativa de consumo responsable A Xoaniña.

Na posta en marcha de Armenia, porén, estivo presente o Concello de Ferrol e a Consellería de Traballo. A través dun convenio con ambas administracións, os promotores contaron con 6.000 euros para poñer en marcha a idea. En breve, esperan os promotores, veranse os resultados.

Artículos Relacionados

----