Constitución FIARE Galicia
O vindeiro sabado 16 de xaneiro celébranse os actos de constitución do proxecto FIARE GZ no colexio La Salle en Santiago de Compostela.
Pola mañá 10.30 celebrarase a Asamblea Constituinte e actos de información dirixidos a asociacións e membros da prensa. Logo pola tarde sobre as 16.00 haberá un acto aberto de formación, no que participará o director de fiare.
O proxecto fiare nace despois de varios encontros con responsables de Fiare promovidos por AIS “O Peto”, a territorial FiareGZ está en proceso de constitución. As asociacións comprometidas a finais de 2009 son: ADEGA, AIS “O Peto”, Altermundo, ARELA, Asociación Amarante, Colexio La Salle-Santiago, Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento, Enxeñería sen Fronteiras, Fundación Taller deSolidariedade, Panxea, unha asociación vinculada á Parroquia Inmaculado Corazón de María de Vigo, Parroquia Cristo da Victoria de Vigo, Sindicato Labrego Galego, Solidariedade Internacional, Verdegaia.
Fiare ten como obxectivo a creación e consolidación dun sistema estatal de BANCA ÉTICA que se constitúa en ALTERNATIVA ELIXIBLE pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación do sistema financeiro, aliñándose con aquelas entidades que xa están traballando no ámbito da ECONOMÍA SOLIDARIA, mediante:
- Intermediación financeira ao servizo da Xustiza.
- Transparencia informativa de todo o circuíto dos cartos.
- Funcionamento en mans dos movementos sociais.
- Carácter Non lucrativo.
- Inserencia no sistema financeiro.
A BANCA ÉTICA é unha proposta de intermediación financeira que persegue a transformación social, polo que os seus labores de captación de capital, investimento e préstamo realízanse desde unha filosofía integral e uns fins éticos ao servizo da xustiza.
Desde esta perspectiva, os obxectivos xerais de Fiare, como intermediario financeiro son:
* Financiar actividades económicas que impliquen un impacto social positivo e transformador.
* Ofrecer instrumentos de aforro e de investimento responsables.
Para consultar calquera información con respecto ó proxecto fiare pódese consultar a páxina web www.proyectofiare.com