10Dec
Asemblea Extraordinaria de REAS Galicia e Feira
O vindeiro sábado, 10 de decembro de 2011, celebrarase unha Asemblea Extraordinaria de REAS Galicia no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.
Pola mañán, a partir das 10:30h empezarase cunha Feira-exposición das diferentes entidades, asociacións, empresas, que forman parte da rede en Galicia.
Así mesmo celebraranse dúas charlas ao longo da mañán:
- “Cooperativismo como autoemprego”. O poñente será un membro de Ardora.
- “Cooperativismo en Reas Galiza: Parella Natural”. Poñente: Gonzalo Gesto, da Cooperativa de Comercio Xusto Panxea.
Estas actividades están totalmente abertas ao público.
Pola tarde, a Asemblea Extraordinaria dará comezo ás 16:00h.
Ven a coñecer REAS Galicia!!!
ECONOMÍA PARA AS PERSOAS