Carta de Principios da Economía Solidaria
Esta Carta de principios presenta os principios que caracterizan a Economía Solidaria para REAS Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria.
Trátase dos trazos que orientan tanto a visión como a práctica das organizacións da Economía Solidaria e as súas relacións con outros axentes, así como o proxecto económico, social e político que impulsa o movemento no seu conxunto.
A primeira versión desta Carta de principios foi elaborada no ano 1995 e foi revisada posteriormente en 2000 e 2011. En 2022, presentamos unha actualización dos seus contidos, consonte os cambios que se foron producindo nos contextos tanto locais como globais, no eido das alternativas económicas transformadoras e no propio movemento da Economía Solidaria.
Neste sentido, cómpre destacar a incorporación dunha ollada máis feminista e ecoloxista, xa que afrontamos unha conxuntura planetaria na que a resposta ás urxencias e aos retos ecosociais se converteu nunha prioridade para a propia sustentabilidade da vida.
Como se desprende deste documento, a Economía Solidaria, sendo ademais unha corrente dentro da Economía Social, é unha visión e unha práctica que coloca os procesos de sostemento da vida no centro da actividade socioeconómica, polo que sitúa as persoas, comunidades, pobos, culturas, contorna ambiental e bens comúns por riba do capital e da súa acumulación.
Carta de Principios de la Economía Solidaria
Lee o descarga el texto completo en castellano
Carta de Principios da Economía Solidaria (GL)
Lee o descarga el texto completo en galego
Ekonomia Solidarioaren Printzipioen Gutuna (EUS)
Lee o descarga texto completo en euskera
Carta de principis de l’Economia Solidària (CAT)
Lee o descarga el texto completo en catalán
A Economía Solidaria promove e desenvolve iniciativas alternativas en todas as esferas do ciclo económico desde valores relacionados, entre outros, coa cooperación, a reciprocidade, a autoxestión e a solidariedade, desde unha perspectiva transformadora que persegue construír economías máis comunitarias, democráticas, equitativas, inclusivas e sustentables.
Economías, en definitiva, feministas, ecolóxicas e solidarias.
As propostas da Economía Solidaria afrontan o desenvolvemento dunha economía capitalista, financiarizada e afastada da economía real, centrada no crecemento ilimitado da produción e o consumo á marxe dos seus efectos sociais e ambientais, y que cuyo único objetivo es el ánimo de lucro y la maximización de beneficios, lo que produce expresiones de precariedad, pobreza y desigualdad insostenibles.
Trátase dun sistema non só económico, senón sociopolítico e cultural, no que a identidade masculina, heterosexual, branca, normativa, adultocéntrica e urbanita sostén privilexios sobre outras identidades e orientacións sexuais e de xénero, dando lugar a relacións de desigualdade e exclusión.
Un sistema, ademais, ecocida, que non atende ao feito de que o planeta excedera os seus límites biofísicos. A destrución de ecosistemas, o aumento da pegada ecolóxica, o quecemento global ou a perda de biodiversidade son algúns dos efectos dun modelo que pon en cuestión a propia sustentabilidade da vida e, daquela, compromete a existencia das xeracións futuras.
Un sistema, finalmente, antidemocrático, que escapa ao control e está por riba da soberanía das persoas, dos grupos sociais e dos pobos, e que se impón como única alternativa, non só económica, senón de organización social, política e cultural. Unha imposición que inclúe o exercicio da violencia contra a vida e os dereitos humanos de amplas capas da poboación, así como doutras violencias máis sutís e discretas.
Os 6 principios da Carta da Economía Solidaria
A partir destes posicionamentos, obxectivos e valores, esta Carta, espiña dorsal e elemento identitario da Economía Solidaria, continúa coa presentación dos principios que a guían:
EQUIDADE
Para saber máis:
o principio de EQUIDADE na ESS
TRABALLO DIGNO
Para saber máis:
o principio de TRABALLO DIGNO na ESS
COOPERACIÓN
Para saber máis:
o principio de COOPERACIÓN na ESS
SUSTENTABILIDADE
ECOLÓXICA
Para saber máis:
o principio de SUSTENTABILIDADE ECOLÓXICA na ESS
REPARTICIÓN XUSTA
DA RIQUEZA
Para saber más:
o principio de REPARTICIÓN XUSTA DA RIQUEZA na ESS
COMPROMISO
COA CONTORNA
Para saber más:
o principio de COMPROMISO COA CONTORNA na ESS
Esta Carta de Principios da Economía Solidaria é a achega que REAS Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria fai ao conxunto de economías e movementos críticos e transformadores cos que, local e globalmente, desde o traballo colaborativo, quere xerar axendas comúns e desenvolver alianzas para promover os cambios en profundidade que precisan as nosas comunidades e o planeta.
A Carta da Economía Solidaria tamén persegue que calquera persoa, colectivo, empresa ou institución pública, non soamente coñeza os valores que promove o movemento da Economía Solidaria, senón que os incorpore á súa actividade social e económica como considere máis oportuno, dentro das súas posibilidades e no marco da súa propia identidade, contribuíndo así á xeración de espazos e relacións socioeconómicas máis plurais e diversas que afronten os retos ecosociais que o noso futuro presenta.
Cómpre sinalar, finalmente, que non se trata tan só dunha declaración retórica de principios, senón que son as características compartidas que definen ás organizacións e ao conxunto do movemento da Economía Solidaria. Así, convértense nos compromisos que asumen todas as súas iniciativas e proxectos, avaliando estes principios permanentemente a través de ferramentas de Auditoría ou Balance Social. Deste xeito, non só se mide o grao do seu cumprimento e se promoven medidas de mellora, senón que se dá conta publicamente dos resultados e do propio corazón que latexa nas organizacións e redes da Economía Solidaria.
Esperamos que haxa cada vez máis organizacións e iniciativas que se sumen a estes principios e, con ese paso, fortalezan o movemento da Economía Solidaria que REAS Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria representa. Porque a transformación da economía é para esta rede unha cuestión de principios. Principios que alentan o desenvolvemento de prácticas alternativas ao servizo da sustentabilidade da vida.
Versións anteriores da Carta da Economía Solidaria
Os nosos principios en vídeo
Foto de cabecera: Dio Hasbi Saniskoro en Pexels