10mar

Asemblea Xeral 2012 de REAS Galicia

Buscador de eventos

  • Filtra por temática

  • Filtra por etiqueta (Ctrl+clic)

  • Filtra por tipo de contenido

  • Filtra por tipo de recurso

  • Orden de los resultados

O pasado sábado 10 de marzo de 2012 celebramos a Asemblea Xeral Ordinaria de REAS Galicia. Foi a primeira deste ano e nela marcouse o percorrido que queremos levar a cabo ao longo deste ano, tentando sobre todo dar unha maior visibilidade á rede, a través da presenza nalgunhas feiras e a produción de material informativo e promocional.

Asi mesmo reiterouse a intención, xa apuntada en anteriores ocasións, de facer varios encontros ao longo do ano, que nos permitan tamén un contido de formación interna.

Queremos agradecer a Jose Luis o seu apoio e xenerosidade, por cedernos para este evento as marabillosas instalacións de Arqueixal, un proxecto de produción ecolóxica e agroturismo, situado en Palas de Rei (Lugo).