16sep

2ª Escola das Economías Transformadoras

Buscador de eventos

  • Filtra por temática

  • Filtra por etiqueta (Ctrl+clic)

  • Filtra por tipo de contenido

  • Filtra por tipo de recurso

  • Orden de los resultados

A Escola das Economías Transformadoras pretende achegar o coñecemento académico e o proporcionado polas experiencias prácticas que son ferramentas de transformación social.

Este ano temos a sorte de contar con recoñecidos científicos como Antonio Turiel, doutor en Física Teórica pola Universidade Autónoma de Madrid e investigador do Institut de Ciències del Mar del CSIC ou Alicia Valero, doutora Inxeñeira Química, profesora na Universidade de Zaragoza e directora do grupo de investigación de Ecoloxía Industrial no Instituto CIRCE. Especialistas no estudo das limitacións físicas, ambos científicos sinalan ás dificultades ás que se enfronta o noso modelo de sociedade.

Pilar Alguacil é Catedrática de Dereito Financieiro e Tributario na Universidade de Valencia. Ademáis é Directora da Cátedra de Cooperativas Agroalimentarias de España. Ten asesorado ás organizacións representativas da Economía Social estatais na presentación de propostas de reforma do réxime fiscal de cooperativas e sociedades laboral. Falaranos de como a fiscalidade pode ser unha política de fomento da Economía Social e Solidaria.

Teremos a oportunidade de coñecer de primeira man en qué consiste o Mercado Social Galego ou cales son as diferentes propostas de moedas sociais.

O sábado falaremos de decrecemento con Véspera de Nada e visitaremos o Verxel de Coiro, unha horta agroecolóxica nesta parróquia do Concello de Cangas. Neste privilexiado espazo poderemos coñecer os resultados da tese de doutoramento de Kylyan Mac Bisquert i Pérez, titulada “A dimensión socioeducativa do movemento agroecolóxico en Galicia: a reconstrución da dieta como eixo de sustentabilidade social e ambiental“.

A participación na Escola será presencial, mais o aforo é limitado e darárselle prioridade ás persoas que podan asistir ás tres xonadas. Unha vez finalizada a actividade, prevéese que as ponencias estean disponibles na rede.

A inscrición para participar de xeito presencial está pechada. Pero as conferencias que se realicen no Concello de Cangas poderanse seguir en directo vía streaming na canle de youtube da Mostra do PosibleSuscríbete a nosa canle e dalle a campaniña para recibir un aviso cando comecemos a retransmisión!!

Aquí tendes o programa completo: