I Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia

Desde a Rede de Economía Alternativa e Solidaria REAS Galicia invitámosvos o sábado 23 de xaneiro en Ordes ao I Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, que baixo o lema: Intercooperar!! ten por finalidade darlle visibilidade e coñecer directamente ás persoas que forman parte do sector; creando ou revitalizando espazos de intercooperación. O encontro terá lugar o próximo 23 de xaneiro na Praza de Abastos de Ordes.
Entre tod@s conseguiremos que haxa tempos para:
- Pasear entre os «Pequenos Stands Informativos» (podedes montalos se o vedes convinte para o voso proxecto).
- Darse a coñecer no «ReAScuncho» micropresentacións de experiencias (no que ofertar, demandar, dar e recibir).
- Facer contactos nas Mesas de traballo (traede cartóns de visita).
O evento vai dirixido preferentemente a todas as entidades da economía social, alternativa e solidaria de Galicia que queiran darse a coñecer ou achegarse a ver o que se está facendo ou o que se pretende facer por estes lares a medio prazo. Achegamos o programa previsto.
Apoian o evento REAS Red de Redes (estatal) e doutros territorios (REAS Euskadi, Navarra, Andalucía, Baleares…) ademais das cooperativas Xeira Consultora, Bico de Grao, Cestola na Cachola, Ítaca Software Libre, Os Anxos, Coop57 GZ; e tamén a Federación de Cooperativas SINERXIA, Albergue de Tronceda ou Mermeladas A Sazón, como entidades que conformamos actualmente REAS Galicia… e ti?
O evento é GRATUÍTO e polo aforo limitado darase prioridade as entidades inscritas, o prazo para facelo remata o 15 de xaneiro.
Para a inscrición e máis información: secretariareasgz@gmail.com
Así que xa sabedes, ide reservando a data!!
Se non sabes como chegar á Praza de Abastos de Ordes pincha aquí: https://goo.gl/maps/PrazaAbastosOrdes
E por último, soamente pedirvos que vos animedes a difundir esta información e a compartila con outras persoas, xa que REAS pretende chegar a tódalas iniciativas galegas que contribúen a promover outro tipo de economía.
Unha aperta,
Susana Castro
Secretaria REAS GZ
Tfno.: 981 68 01 74
secretariareasgz@gmail.com
http://www.economiasolidaria.org/reasgalicia