III Curso formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable (Galicia)
Buscador de eventos
O actual sistema económico, que prima o beneficio económico, sobre os dereitos das persoas, sexan traballadoras ou consumidoras, así como do medio ambiente, está a provocar un crecente esgotamento dos recursos naturais, despoboamento rural, explotación laboral e desemprego, dificultades para imprementar servizos de benestar social e inestabilidade política. Por iso, é importante que reflexionemos sobre as condicións nas que son producidos os bens que consumimos e sexamos conscientes do que hai tras cada produto e a quen é o depositario final do beneficio.
Neste contexto, a Compra Pública Responsable implica un exercicio de consumo comprometido desde as administracións públicas, nas súas operacións de adquisicións de bens e servizos, tendo en conta criterios éticos, sociais e medioambientais.
Existen diversos motivos que nos levan a considerar a especial relevancia da administración pública en relación ao impacto das súas transaccións económicas. Isto é:
- Como resultado do grande volume contratado, os concursos públicos teñen un peso económico moi considerable e en consecuencia, un gran potencial de impulso de criterios de sustentabilidade, tanto de cara aos seus proveedores como para a cidadanía en xeral.
- Deste xeito, as administracións poden incitar aos seus provedores e outros axentes privados a incluír criterios e realizar as súas compras de forma igualmente sostible.
- Asemade, a compra pública responsable é complementaria ás políticas sociais, ambientais e comerciais dunha administración, e a súa práctica fortalece o seu haber.
Con estas xornadas preténdese achegar á administración pública galega ferramentas e exemplos de boa prácticas de Compra Pública Responsable na implementación de políticas de contratación acordes con valores de xustiza social e medioambiental.
E asemade, que as universidades, organizacións sociais e empresas que coñezan estes mecanismos dos que xa se está dotando a administración para garantir ditos valores.
Obxectivo: achegar ferramentas técnicas e exemplos de boas prácticas para a implantación de criterios sociais, ambientais e éticos nos trámites de contratación de produtos e servizos das administración galegas (de ámbito galego, deputacións e concellos)
Temáticas que se traballarán: alimentación, téxtil, material electrónico, economía solidaria, igualdade, finanzas éticas e compra sostible.
Dirixido a:
- persoal técnico e político da administración pública galega (ámbito galego, deputacións e concellos)
- Profesorado e alumnado interesado en traballar esta temática
- Organizacións sociais interesadas en potenciar esta área de traballo e/ou realizar incidencia nesta temática
- Empresas que queira coñecer ás novas esixencias de cara ás licitacións públicas
Duración: mércores 27 en horario de 9:30 a 19:00 e xoves 28 de 9:00 a 14:00 horas
Inscrición en: AMARANTE Setem
Tfno. 986 848 159
Período de inscrición: 13 de novembro ó 26 de novembro
Estas xornadas están organizadas por AMARANTE en colaboración coa Subdirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia