Economía Solidaria
Celebradas as IV Xornadas de Economía Alternativa en Lugo
O pasado sábado 1 de marzo celebráronse no salón de actos da deputación de Lugo as IV Xornadas de Economía Alternativa organizadas pola Cova da Terra. Nesta edición, os temas centrais foron as moedas complementarias e os bancos de tempo, como experiencia particular deste tipo de moedas. Na xornada participaron como ponentes Stefania Strega-Scoz, activista […]
O pasado sábado 1 de marzo celebráronse no salón de actos da deputación de Lugo as IV Xornadas de Economía Alternativa organizadas pola Cova da Terra.
Nesta edición, os temas centrais foron as moedas complementarias e os bancos de tempo, como experiencia particular deste tipo de moedas.
Na xornada participaron como ponentes Stefania Strega-Scoz, activista de moedas complementarias (que reflexou a súa visión da xornada na wiki de moedas complementarias); Rafael Gonzales, coordinador da Red de Bancos de Tiempo de España e catro representantes doutros tantos bancos de tempo que están a funcionar en Galicia.
Tivemos ocasión de asisitir, tamén, á proxección do documental «A dobre cara da moeda».
En total, arredor de 40 persoas participaron nas xornadas.