Varios

Asociaciones cristianas de base reclaman decrecimiento solidario como alternativa a la crisis

As asociacións cristiás de base integradas na Coordinadora de Crentes Galegos e no colectivo estatal Somos Igrexa fixeron público un comunicado propondo a realización dunha campaña orientada a defender un modelo de «decrecemento solidario» como alternativa fronte a crise económica actual. Para elo, acordaron respaldar alternativas como a promovida polo Sindicato Labrego Galego, que está […]

7 mayo 2009

Buscador de noticias

  • Filtra por temática

  • Filtra por etiqueta (Ctrl+clic)

  • Filtra por tipo de contenido

  • Filtra por tipo de recurso

  • Orden de los resultados

As asociacións cristiás de base integradas na Coordinadora de Crentes Galegos e no colectivo estatal Somos Igrexa fixeron público un comunicado propondo a realización dunha campaña orientada a defender un modelo de «decrecemento solidario» como alternativa fronte a crise económica actual.

Para elo, acordaron respaldar alternativas como a promovida polo Sindicato Labrego Galego, que está a reclamar a soberanía alimentar proposta polo movemento internacional Vía Campesiña.

Os asinantes defenden a necesidade de promover cambios nas regras que rexen o comercio mundial na procura dunha maior xustiza comercial, eliminando as subvencións que permiten exportar aos países ricos os produtos por debaixo do seu custe real, arruinando ós produtores dos países empobrecidos, ou menos favorecidos como, afirman, pode ser o caso do leite en Galiza

Para elo, respaldan os proxectos que están a xurdir en Galiza de agricultura ecolóxica e sostible, como O grelo Verde ou o Proxecto Amorodo, así como outros proxectos alternativos no eido das finanzas como AIS O Peto, que estimula en Galiza a banca solidaria a través do Proxecto Fiare. Consideran que estas iniciativas axudan a humanizar o mercado, vendendo os produtos de temporada, respectando os ciclos da natureza, baseándose na complementariedade e solidariedade e non na competitividade.

Os asinantes están convencidos de que co decrecemento solidario que propoñen se pode chegar a unha sociedade máis xusta, creando unha vida máis digna para todas e todos sen exclusións; obrigados a compartir para que todos teñan as necesidades básicas vitais cubertas. Por iso reivindican a defensa do dereito á esperanza e a defensa do dereito a utopía, entendendo que outro mundo é posible, “ Vivir con menos para vivir mellor”. Finalmente, convidan á sociedade galega a sumarse a esta iniciativa.

Artículos Relacionados

----