Finanzas Éticas
Fiare: o banco da xente
A banca ética nace para pór en práctica a idea dun banco colaborador como punto de encontro entre os aforradores e aforradoras que comparten a esixencia dunha máis consciente e responsábel xestión dos seus cartos. A iniciativa socioeconómica inspírase nos principios dun modelo de desenvolvemento humano e social sustentábeis. Non rexeita de por si as […]
A banca ética nace para pór en práctica a idea dun banco colaborador como punto de encontro entre os aforradores e aforradoras que comparten a esixencia dunha máis consciente e responsábel xestión dos seus cartos. A iniciativa socioeconómica inspírase nos principios dun modelo de desenvolvemento humano e social sustentábeis.
Non rexeita de por si as regras fundamentais das finanzas tradicionais, mais aspira a reformar os valores sobre os que se funda. Na nosa contorna, cada vez máis persoas e organizacións vanse facendo conscientes desta realidade e intentan tomar as decisións sobre o destino dos seus aforros, sobre as súas solicitudes de crédito ou os seus investimentos con responsabilidade, baseándose nunha información fiábel e suficiente. A xente está a crear bancos propios.
Entre estes proxectos de banca ética está Fiare, que xestionada por case 70 organizacións sociais pretende crear a primeira cooperativa de crédito do Estado español en 2011, mais que xa funciona como axente promovendo produtos financeiros (depósitos e préstamos) grazas a Banca Popolare Ética, todo un referente de cooperativa de crédito en Europa. O proxecto chega agora a Galiza. [Páxs. 6 e 7]
- Temos dereito ao crédito? Peru Sasia [páx. 6]
- O proxecto Fiare-GZ [páx. 7]