Finanzas Éticas

Por una banca ética en Galicia

A asociación Arela presentou en Monforte un proxecto financeiro que se implantará en Galicia o ano próximo A asociación monfortina Arela presentou onte na galería Sargadelos o proxecto de banca ética Fiare, que está xa implantado en oito comunidades españolas e que se establecerá en Galicia en xaneiro do ano próximo. No acto participaron representantes […]

23 noviembre 2009
Etiquetas:

Buscador de noticias

  • Filtra por temática

  • Filtra por etiqueta (Ctrl+clic)

  • Filtra por tipo de contenido

  • Filtra por tipo de recurso

  • Orden de los resultados

NULL
NULL

A asociación Arela presentou en Monforte un proxecto financeiro que se implantará en Galicia o ano próximo

A asociación monfortina Arela presentou onte na galería Sargadelos o proxecto de banca ética Fiare, que está xa implantado en oito comunidades españolas e que se establecerá en Galicia en xaneiro do ano próximo. No acto participaron representantes de diversos colectivos locais e tamén persoas que asistiron a título particular para informarse sobre esta iniciativa.

Segundo explicaron os representantes de Arela, o proxecto Fiare responde a dous obxectivos principais. Por unha parte, preténdese crear unha entidade capaz de financiar actividades económicas que teñan un «impacto social positivo e transformador», isto é, de «apoiar empresas, actividades e proxectos sociais, ecolóxicos e solidarios, favorecendo o desenvolvemento humano tanto nas sociedades do Norte como do Sur, poñendo o diñeiro a disposición das persoas excluídas e das organizacións que traballan con elas». Por outro lado, o proxecto quere ofrecer «instrumentos de aforro e investimento responsables», poñendo ao alcance da cidadanía a posibilidade de apoiar cos seus aforros este tipo de actividades e excluíndo os investimentos en iniciativas «que colaboren co mantemento da inxustiza e o deterioro do noso mundo», como o tráfico de armas, a explotación laboral ou a destrución do medio ambiente.

O proxecto, segundo explicaron desde Arela, conta xa con 17 millóns de euros en depósito no conxunto de España. A iniciativa comprende tamén a constitución dunha cooperativa de créditos para a que se está buscando capital social e que dispón actualmente dun fondo de en torno a un millón de euros.

Nestas iniciativas poden participar todo tipo de asociacións e persoas a título individual. Quen desexe colaborar nestas iniciativas ou recabar máis información pode poñerse en contacto con Arela no teléfono 605 141 231 ou solicitala no correo electrónico fiaregz@proyectofiare.com. Ademais do colectivo monfortino, o proxecto Fiare conta en Galicia coa adhesión da Coordinadora Galega de ONG polo Desenvolvemento, o Sindicato Labrego Galego e as asociacións Adega, Verdegaia, Amarante, Altermundo, O Peto, La Salle-Santiago, Taller de Solidariedade, Panxea, Proclade e Enxeñería sen Fronteiras.

Artículos Relacionados

----