Economía Solidaria

Raquel Doallo: “Falta o coñecemento real do que hai en Galicia dentro da Economía Social e Solidaria”

Por Nacho Pérez de los Heros para laduda.net A Economía Social e Solidaria é un enfoque de la actividade económica que ten en conta ás persoas, ó medio ambiente e o desenvolvemento sostible e sustentable como referencia prioritaria, por encima doutros intereses. Esta definición é a que abre a chamada Carta da Economía Solidaria, que […]

5 mayo 2016

Buscador de noticias

  • Filtra por temática

  • Filtra por etiqueta (Ctrl+clic)

  • Filtra por tipo de contenido

  • Filtra por tipo de recurso

  • Orden de los resultados

Por Nacho Pérez de los Heros para laduda.net

A Economía Social e Solidaria é un enfoque de la actividade económica que ten en conta ás persoas, ó medio ambiente e o desenvolvemento sostible e sustentable como referencia prioritaria, por encima doutros intereses. Esta definición é a que abre a chamada Carta da Economía Solidaria, que serve de referencia para iniciativas económicas de moi variados sectores e dimensións. Nos últimos anos, especialmente como consecuencia da crise económica e de valores, o sector veu reforzados os principios sobre os que se asenta a súa esencia, e mesmo colleu pulo co incremento das iniciativas de economía social xurdidas dende proxectos de auto-emprego e dende emprendementos sociais de moi diversa orde.

En Galicia a actividade dentro deste ámbito ven de lonxe, con moitas entidades traballando en sectores como a comercialización de produtos ecolóxicos e de comercio xusto, as finanzas éticas, a educación e dinamización cultural, os grupos de consumo responsable, ou a consultaría, por citar algúns. O mapa do sector está, sen embargo, por facer, e dende REAS Galiza –rede territorial integrada na Red de Redes de Economía Alternativa y Solidaria (REAS)- queren, cando menos, avanzar no coñecemento do sector e impulsar tanto a súa conexión interna, como a súa coordinación coa rede estatal. Raquel Doallo é unha das persoas traballando nese obxectivo. Ela é socia de Cestola na cachola, entidade que desenvolve a súa actividade dende Lalín e que ocupa a vicepresidencia de Reas Galiza. E contou para Laduda.net, cómo é que se proxecta a nova etapa da organización.

– Que persigue REAS Galicia nesta nova etapa?

Que sexa realmente representativa no sector. Víamos interese por parte das iniciativas para unirse. Moitas de nós xa participabamos noutras experiencias como redes de finanzas éticas, en redes de consumo consciente, ou redes locais. REAS é a única estrutura formal de entidades de economía solidaria creada dende hai tempo, pero era como que lle custaba funcionar e nunca chegou a ser representativa. Desde hai un ano aproximadamente, entrou un equipo novo con xente nova pero tamén con xente de entidades que levaban anos. Porque, en realidade, o que falta é xente con algo de tempo para participar na rede en representación das súas entidades. A idea é retomar o traballo e ver qué queremos facer, e cómo coordinarnos coa REAS estatal, porque hai varias comisións de traballo moi interesantes, e podémonos nutrir do seu traballo para axudar a fortalecer REAS aquí. Estamos nese punto. Medir as nosas forzas pero ao mesmo tempo dar un paso adiante.

– E agora pódese revitalizar?

Pensamos que agora é un momento interesante para todo isto. No encontro que celebramos en xaneiro en Ordes, tiñamos a idea de enfocalo principalmente á difusión, en dar a coñecer o que era REAS, e houbo moi boa resposta. Tivemos máis de vinte iniciativas que participaron activamente incluso nun espazo de autopresentación (o  Reascunchiño). Fixemos tamén espazos de divulgación do que é REAS e do que pode chegar a ser aquí. Porque aínda que en cada territorio funciona segundo as súas forzas, a nivel estatal podemos aproveitarnos da coordinación con outros territorios. Polo evento pasaron más de cen persoas, o que nos indica que REAS interesa. De feito, houbo entidades que desde ese encontro seguiron conectando con REAS para tramitar a súa incorporación como socias.

Reas cartel Ordes

– Agora mesmo, cantas entidades están en REAS Galicia?

Parece pouco, pero dun ano para acá xa imos duplicar socias, e como entidades colectivas que somos representamos a máis de trinta persoas directamente e moitas máis coas que traballamos. Están entidades como Ítaca Software Libre, Albergue de Tronceda, Xeira Consultora ou Cestola na Cachola,  Amaia de Bico de Grao, Marmeladas A Sazón, e a Federación de Cooperativas Sinerxia; e na nosa próxima asemblea daremos a benvida como socias a Cousas da Terra e Cidadanía. Tamén participa na rede Catro Ventos, unha cooperativa que se está a constituír e que xa está a participar nos encontros de REAS e pronto se incorporará como socia, ademais doutras iniciativas que están a contactar nos últimos meses e que agardamos dean tamén o paso formal de entrar en REAS Galiza de xeito activo.

– Falando de ESS en Galicia, xa non só de REAS, hai algunha caracterización do sector para saber qué tipo de entidades a conforman?

Cada vez hai máis variedade. Nos últimos cinco anos naceron moitos proxectos de autoemprego, como en todas as épocas de crise, e vimos que se abriu o abano. Por exemplo, no campo das cooperativas de traballo asociado, había algún estudio no que se vía que ata 2014 subían exponencialmente en número. En xeral hai moitas entidades de comercialización de produtos de comercio xusto, pero tamén hai entidades de consultaría social, dinamización de grupos, etcétera.

– E hai máis presenza urbana ou rural?

Non sabería dicir. En xeral, toda entidade asociativa ten quizás más visibilidade no ámbito urbano. Pero hai de todo. O que pasa e que realmente, a nivel REAS, estamos máis visibles en zonas urbanas o de vilas, e iso é algo que temos que mellorar. Para iso e necesario sumar máis entidades que estean en vilas máis pequenas e que coñezan máis a contorna local. O problema da Economía Social y Solidaria é que todas estamos en redes moi locais e falta ese coñecemento do directorio real do que hai en Galicia. Estamos seguras que non coñecemos ben o que hai. Coñecemos o da nosa contorna, pero non tanto o que está fora dese ámbito próximo. Falta conexión. De feito, hai unha proposta de Catro Ventos para colaborar con REAS Galicia na busca de visibilizar este aspecto e de seguro que fortalecerá tamén a rede neste sentido.

– Aquí se reflicte o que pasa na dispersión da poboación. Un minifundismo de concellos e actividades con núcleos en torno as capitais…

Sí. Para o movemento asociativo y la Economía Social y Solidaria é máis dinámico o eixo atlántico. E con máis facilidades. As provincias de Lugo e Ourense son máis invisibles neste sentido, e probablemente con máis dificultades para desenvolver algún proxecto máis aló do local. Iso é a impresión que nos da pola experiencia e polo histórico. Por iso temos tamén unha política interna de movernos para tamén coñecer o que hai por aí; así aproveitamos as reunións para coñecer mellor o que hai na contorna. No último encontro que celebramos, en Lalín, tamén incluímos o Lalíncunchiño, para presentar experiencias participativas –non necesariamente da economía social e solidaria- que dalgún xeito están involucradas na zona de Lalín no eido social e cultural sobre todo. Se trata de ir movéndose para coñecernos mutuamente e tamén para mostrar que REAS é un espazo de participación que ofrece outros beneficios para visibilizar o sector e para facer incidencia e máis forza.

– Para visibilizar o sector unha parte importante é o que se poida facer desde as institucións públicas. Algúns concellos e deputacións anunciaron a intención de introducir criterios de ESS, cláusulas sociais, etcétera, na súa práctica. Hai algún concello ou deputación que o estea facendo?

Que eu saiba, a nivel galego hai algún concello que está interesado en incluír cláusulas sociais nas súas contratacións de maneira estable. Pero non sei si se está facendo. Quizás algún pequeno o estea facendo. E sei que o da Coruña tiña interese e, de feito, puxéronse en contacto con varias iniciativas para asesorarse sobre como facer estas contratacións dun xeito eficaz e legal. Porque hai certo descoñecemento e hai casos onde entre o funcionariado e se dubida da legalidade da introdución dalgunhas desas cláusulas; por exemplo, en canto á priorización da compra de produtos de comercio xusto nas administracións locais, dise que pode darse o “entorpecemento da libre competencia” e cousas do estilo. Desde logo, si se fai é de xeito anecdótico. Non hai una práctica xeneralizada, aínda que penso que é un tema importante que ten que introducirse. En caso de Euskadi si hai casos, e incluso manuais que se poden tomar como referencia. Tamén en Andalucía. Y hai campañas para favorecer criterios de contratación que vaian en beneficio do público.

Artículos Relacionados

----